O diario de Greg 15 - Pasado por auga

Jeff Kinney

Fragmento

Diario_de_greg_15_GALEGO-3

Jeff Kinney

O DIARIO

Diario_de_greg_15_GALEGO-4

NOTA DO EDITOR:

Esta é unha obra de ficción. Os nomes, personaxes, lugares e acontecementos son produto da imaxinación do autor ou están usados de maneira ficticia, de modo que calquera parecido con persoas reais, vivas ou finadas, establecementos comerciais, acontecementos ou lugares é fortuíto.

Título orixinal: Diary of a Wimpy Kid. The Deep End

Publicado en 2020 por acordo con Amulet Books, unha división de Harry N. Abrams, Inc.

© do texto e das ilustracións: 2020, Wimpy Kid, Inc.

O DIARIO DE GREG®, WIMPY KIDTM, o personaxe de Greg HeffleyTM

e o deseño da cuberta son marcas rexistradas de Wimpy Kid, Inc. Todos os dereitos reservados.

© do deseño do libro: Jeff Kinney

© do deseño da cuberta: Jeff Kinney e Marcie Lawrence, 2020

© da tradución: Eva Almazán, 2020

© desta edición: RBA Libros, S.A., 2020

Avda. Diagonal, 189 - 08018 Barcelona

www.rbalibros.com

1.ª edición: outubro de 2020

Ref.: ODBO795

ISBN: 978-84-272-2337-0

Reservados todos os dereitos. Ningunha parte deste libro pode

ser reproducida, almacenada en soporte informático nin transmitida por ningún medio mecánico nin electrónico, fotocopiada, gravada

nin difundida por ningún outro procedemento sen autorización escrita do editor.

Diario_de_greg_15_GALEGO-5

PARA RYAN

Diario_de_greg_15_GALEGO-6
Diario_de_greg_15_GALEGO-7

AGOSTO

Xoves

Eu quérolle á miña familia e tal, pero tampouco é cousa de estarmos xuntos as vinte e catro horas do día, semana si, semana tamén. Pois ben, ese é XUSTO o panorama que temos nestes momentos.

Tamén debo dicir que NON son o único que xa anda un chisco farto da situación. Estamos TODOS toleando un pouco. Como a cousa non cambie pronto, para min que en breve nos imos ver coa auga ao pescozo.

Miña nai di que é moito tempo sen airearnos e que simplemente necesitamos unhas vacacións. Mais o que de verdade nos fai falta é perdernos de VISTA.

Diario_de_greg_15_GALEGO-8

2

que a situación non ten moita traza de mudar a curto prazo, porque andamos faltos de CARTOS. E todo por culpa dunhas historias bastante longas.

Levamos xa dous meses instalados no soto da avoa e non sei se aguantaremos moito máis. Miña nai é toda a repetir que algún día habemos botar a vista atrás e lembrar esta época da nosa vida cun sorriso, cousa que é moi fácil de dicir cando non tes que compartir catre con RODRICK todas as santas noites.

Diario_de_greg_15_GALEGO-9

3

O máis absurdo é que a avoa ten espazo de sobra na casa, co cal eu non entendo por que temos que vivir os cinco amontoados no soto. O día que chegamos, eu pedín para min o dormitorio de invitados, pero a avoa dixo que xa estaba ocupado.

Para min que á avoa non lle fai demasiada graza ternos aquí, porque cando lle veñen as amigas non quere que nos vexan por nada do mundo.

Diario_de_greg_15_GALEGO-10

4

E a verdade é que con esa actitude nos causa bastante trastorno, porque no soto non hai cuarto de baño e as tales amigas ETERNÍZANSE que gusto.

Cando a avoa ten invitados na casa tampouco nos deixa entrar na cociña, así que non podemos cear ata que marchan. Certo é que onte á noite Rodrick xa non debía aguantar máis, porque se puxo a requentar unhas sobras de pizza na secadora.

Diario_de_greg_15_GALEGO-11

5

No soto da avoa tampouco hai tele, conque o único que temos para pasar o tempo é a COMPAÑA dos outros. E entretida a verdade é que non é.

Miña nai di que aburrirse é bo, porque obriga a usar a imaxinación. que cada vez que eu intento usala, non sei que pasa que sempre imaxino o mesmo.

Diario_de_greg_15_GALEGO-12

6

Unha cousa que empeora moitísimo a situación é que este verán meu pai está a traballar desde a casa, o que significa que o home anda sempre polo medio. E cada vez que lle toca reunión, os demais temos que facer coma quen que non estamos.

E iso non sempre é facedoiro, como se pode imaxinar, sobre todo cando hai pola casa un cativo de tres anos.

Eu intento estar o máis ocupado posible. A avoa ten gardadas no soto torres enteiras de crebacabezas e xa levo feitos uns cantos pola miña conta. que miña nai sempre lle deixa a Manny encaixar a derradeira peza para que se sinta importante.

Diario_de_greg_15_GALEGO-13

7

Para min que miña nai non lle está a facer a Manny favor ningún tratándoo como un MENIÑO. E a cousa está indo a peor desde que vivimos coa avoa.

Ás veces botamos en familia unha partida dalgún xogo de mesa despois de cear. O caso é que Manny non se apaña se as regras son complicadas, conque sempre acabamos xogando a un xogo PARVÍSIMO.

Diario_de_greg_15_GALEGO-14

8

Sempre temos que ir para a cama cando aínda é día, e todo por seguir o horario de MANNY.

Esta tempada Manny sempre quere que antes de durmir lle lean un conto sobre a arca de Noé. Vai dun fulano que oe por que vai chover o que non está escrito, co cal colle e se pon a construír unha barca xigante para capear o temporal cun montón de animais a bordo.

Diario_de_greg_15_GALEGO-15

9

O tal conto trae uns debuxiños moi simpáticos. Se te fías deles, aínda parece que aquela enchente que levou por diante medio planeta foi DIVERTIDA e todo.

Pero claro, se chegan a poñer ilustracións máis realistas, os pais non mercan o conto.

Diario_de_greg_15_GALEGO-16

10

Así e todo, eu teño algunha que outra pregunta sobre a historia da arca de Noé. Para empezar, non me explico por que o Noé permitiu que embarcase bicharía velenosa, do estilo de serpes e escorpións. Chego a ser EU e aproveitaba a ocasión para ZAFARME dalgúns deles, iso seguro.

E a continuación había aproveitar o espazo libre para meter máis animais dos BOS, tipo cadeliños, ourizos, os hipopótamos pigmeos eses, e monadas así.

Diario_de_greg_15_GALEGO-17

11

Por sorte o Noé escusou de embarcar as baleas e a peixada toda, ou había quedar o espazo MOI xusto. E total tanto tiña, que seguramente alá embaixo nin se decataron do diluvio.

O que non ten moito sentido é que o Noé accedese a meter na arca os PAXAROS, porque ben podían ir VOANDO, digo eu. Seguro que se arrepentiu aos cinco minutos, estouno vendo.

Diario_de_greg_15_GALEGO-18

12

Todo isto tendo en conta que hoxe coñecemos os animais que SOBREVIVIRON ao diluvio, xaora. Ás veces pregúntome se AFOGARON moitas especies chulas.

Segundo explican no conto, primeiro choveu a todo chover corenta días e corenta noites, e logo a enchente tardou outros 150 días en devalar. Quere dicir que o Noé tivo que pasar todo ese tempo cerrado na arca coa

Suscríbete para continuar leyendo y recibir nuestras novedades editoriales

¡Ya estás apuntado/a! Gracias.X

Product added to wishlist